Curso Práctico de Poda e Enxerto

Sustinea, en colaboración coa Área de Medio Rural do Concello do Carballiño, levaremos a cabo do 13 ao 16 de febreiro o Curso Práctico de Poda e Enxerto no pobo de Banga (O Carballiño).
 
O obxectivo do curso é concienciar sobre a importancia de poda para a calidade e saúde da vida das árbores, logrando que os/as asistentes adquiran coñecementos básicos respecto de como tratar unha árbore no momento de podala, e que coñezan os diferentes tipos de poda e enxerto que se poden facer e a época de facelo.
 
Haberá unha formación teóricana que profundizaremos nos diferentes tipos de poda de frutificación, de formación, etc,, e nas técnicas a aplicar segundo a especie, coa que lograremos obter colleitas sas e abondosas, así coma as técnicas de enxerto que podemos facer e cando facelos. Para pasar de contado á parte práctica dos coñecementos teóricos previamente traballados, nas hortas e xardíns da aldea de Banga.
 
Para máis información e inscricións:
natureza@carballino.org
info@sustinea.org

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.