Día Internacional do Voluntariado

Cada vez somos máis as/os que o 5 de decembro celebramos o Día Internacional do Voluntariado, unha merecida homenaxe para as miles de persoas de todo o mundo que, día a día e de forma altruísta, traballan por facer deste planeta un lugar mellor para vivir.

Aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1985, o Día Internacional do Voluntariado recoñece o labor deses/as cooperantes que, sen máis interese que o de axudar, fan posible o desenvolvemento de zonas desfavorecidas, ao tempo que poñen atención de todo tipo ás persoas que máis os/as necesitan.

Ademais de ofertar apoio, os/as voluntarios/as investigan, asesoran, reivindican, xestionan e orientan para o desenvolvemento de proxectos solidarios e incluso, a atención en situacións de emerxencia.

Compromiso, solidariedade, sensibilidade, acción... Voluntariado a fin de contas. Cooperación en estado puro.
 
Un ano máis, dende Sustinea agradecer a vosa labor, a vosa presenza e o voso apoio, GRAZAS!!

Etiquetas: 

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.