Día Mundial dos Océanos

Dúas terceiras partes da superficie da Terra están cuberta por océanos, que constitúen unha fonte de infinitos recursos: alimentos, enerxía, auga, hidrocarburos e recursos minerais.
O mar, en interacción coa atmosfera, a litosfera e a biosfera, favorece unhas condicións que posibilitan as distintas formas de vida no planeta.
Dos océanos obtéñense toneladas de peixe cada ano, sal e auga doce. Ademais, o desenvolvemento de reservas petroleiras e de gas natural neles abastece gran parte da demanda mundial de hidrocarburos combustibles.
En 1994 entrou en vigor a Convención das Nacións Unidas sobre a Lei para os Océanos. O 8 de xuño celébrase a partir dunha iniciativa canadense.

venres, 8 Xuño, 2012 (All day)

Etiquetas: