
Desde Sustinea pensamos globalmente e actuamos localmente para axudar a emprender camiños construidos polo progreso e o respecto polo entorno. Prestamos un servizo, cuxo obxectivo é promover o desenvolvemento económico, social e ambiental, potenciando os recursos locais, fomentando a iniciativas sostibles. Traballamos coa colaboración de todos os sectores da comunidade local para desenvolver diversos plans de acción, integrando a perspectiva ambiental, social, cultural e económica, posibilitando unha comunidade sostible. Poñemos en marcha procesos creativos e abertos de diverso formato, enfoque e alcance; para que despois poidan confluír, interferirse e encaixarse. Procesos que, xerando accións e construíndo vínculos, favorezan que os diferentes axentes culturais, sociais e ambientais vaian ocupando o seu espazo, no desenvolvemento local. É por isto que elaboramos e implementamos iniciativas locais coa finalidade de sentar as bases para un futuro sostible.
Comentarios recentes