Desfrutamos do Xurés dende outra mirada

Desfrutamos de roteiros por zonas de Reserva Natural, coñecendo á fauna que alí habita a través do análise dos rastros e sinais da fauna. Interpretamos a paisaxe coa que nos agasalla o Parque Natural. Desfrutamos dun xantar de campo na aldea de Salgueiro, onde coñecimos coma vivían os/as antigos/as poboadores e as súas costumes, a través de roteiros etnográficos. Bañámonos en pozas naturais de augas cristalinas. Realizamos actividades naúticas ata o campamento romano do Aquis Querquennis, onde nos demos uns marabillosos baños de lodos rematando cuns baños nas termas romanas. Todo isto e máis, rodeados de persoas encantadoras, que crearon un espazo agradable de convivencia de de desfrute en conxunto do entorno privilexiado onde nos atopábamos, o Xurés.
 
Coa programación da fin de semana"O Xurés dende outra mirada", pretendíamos ofertar á xuventude, varias actividades culturais, lúdicas e deportivas en contacto coa natureza do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés, co obxetivo de que coñezan este entorno dun xeito vivencial, plantexando coma unha alternativa para ocupar o tempo libre de xeito saudable.

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios