Divulgamos

Poder explicar as diversas realidades ambientais, as súas causas e efectos de forma sinxela e amena para os diferentes públicos, é un reto fascinante co que camiñamos da man.

A divulgación é un instrumento que nos permite crear unha concienciación ambiental e social, así coma fomentar comportamentos e actitudes respetuosas co Medio Ambiente, precisas para encamiñarnos cara un Desenvolvemento Sostible.

É por isto que o proceso educativo de Sustinea, baseado na participación, e na acción social, constitúe un instrumento preciso para posibilitar o Desenvolvemento Sostible.

Mediante campañas de sensibilización, proxectos educativos, material didáctico e divulgativo e campamentos ambientais, pretendemos promover a formación e sensibilización ambiental do público en xeral, así coma fomentar a participación da mesma.