Educación Ambiental para adultas/os

Tradicionalmente a Educación Ambiental tivo como destinatarios aos nenos e nenas, preparándoos para unha sociedade máis equitativa e ecolóxica, non obstante, a formación de persoas adultas dirixiuse xeralmente a perfeccionar coñecementos que nos seus primeiros anos, non puideron obter, pero raramente a modificar actitudes e pautas de comportamento fortemente arraigadas.

Indubidablemente, non son os nenos e as nenas as que toman as decisións máis perxudiciais para o noso medioambiente, pero se lle ensinamos a aprecialo dun xeito sensorial, o futuro será mellor.

Por iso dende Sustinea, vemos decisiva unha Educación Ambiental sobre as persoas adultas, nun contexto de aprendizaxe permanente, xa que somos as auténticas responsables do empobrecemento do campo, e a desaparición dos seus habitantes, a xeración de residuos e a contaminación dos ríos, pola contra, cando os mozos e as mozas tomen as rendas desta sociedade, pouco quedará para conservar.

Programas e proxectos de Educación Ambiental que levamos a cabo:
 

  • Programas ambientais de 1 día e de fin de semana nos Parques Naturais da Baixa Limia- Serra do Xurés, Enciña da Lastra e Invernadoiro e no Monumento Natural de Pena Corneira.
  • Programa de Educación Ambiental, Empregabilidade, Desenvolvemento rural: Emprende en Verde, novas oportunidades para a sostibilidade e o emprego, dirixidos aos ciclos formativos.
  • Roteiros interpretativos e actividades de divulgación do patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia.
  • Campos de Traballo.

 
Para máis información sobre os programas, contáctanos e poñerémonos en contacto contigo.