El origen de los alimentos

"El origen de los alimentos " é un documental animado de 26 minutos no que unha semente libre chamada Caraota nos fala de como se producen os alimentos que chegan á nosa mesa cada día.

Dirixido por Ana Laura Pereira en Venezuela no 2010, o vídeo fai un repaso da agricultura dende a antigüidade ata a época actual explicando o poder das corporacións, os seus produtos bélicos durante as guerras mundiais reciclados na agroindustria e transxénicos e as súas consecuencias para os campesiños, a saúde e o ecosistema.

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios