Emprega en verde

Sustinea, facemos un chamamento á mocidade galega interesada en traballar en empresas do “sector verde” a que faciliten os seus datos para poñelos en contacto coas ofertas de emprego que satisfagan as súas inquedanzas medioambientais.

Que é o “emprego verde”?

Poderiamos definir o emprego verde como aquelas actividades laborais que se atopan en harmonía cun desenvolvemento sostible. Tanto nos sectores tradicionalmente asociados ao medio ambiente como aqueles que incorporan como eixo da súa estratexia o concepto de sostibilidade. Por exemplo: tratamento e depuración de augas, educación ambiental, xestión de zonas forestais, produción de enerxías renovables, xestión de espazos naturais protexidos, agricultura e gandería ecolóxica, turismo, parques e xardíns...

Para máis información podedes consultar o seguinte documento sobre o Emprego Verde do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente : http://bit.ly/2oRbPee

Que pretende Sustinea?

Sustinea pretende, con este proxecto, afrontar dúas das grandes problemáticas que abranguen Galicia: o paro da mocidade menor de 30 anos e a problemática ambiental que vivimos dende hai unhas décadas cara o presente. Desta maneira, consideramos imprescindible incentivar a empregabilidade da mocidade no sector verde.

Para iso o noso labor consta de tres fases principais:

  1. Crear unha base de datos cos / coas solicitantes de emprego no “sector verde”, menores de 30 anos de toda Galicia. Desta maneira, promoveremos a súa formación complementaria e a realización de prácticas de empresa a nivel europeo.

  2. Crear unha base de datos coas empresas que traballen no “sector verde” en toda Galicia.

  3. Poñer en contacto os/as solicitantes coas empresas para crear a oportunidade da busca de emprego activa, despois de coller experiencia a nivel internacional e nacional.

Como proceder se estás interesado/a?

Se estás interesado/a en formar parte deste proxecto só tes que cubrir o formulario adxunto no seguinte link: https://goo.gl/forms/iFPmmTHNKE2RCtcR2

Estes datos recollidos serán empregados para propoñervos diferentes formacións e práctica de empresa, así como selle facilitarán ás empresas que nós vexamos que encaixan máis no teu perfil e porémosvos en contacto!

 

Como contactar con Sustinea para máis información?

 

Correo electrónico

susana.rodriguez@sustinea.org

Info@sustinea.org

Teléfono

988 782 964

Facebook

https://www.facebook.com/sustinea/

Web

http://www.sustinea.org/

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.