Encontro de Educación Ambiental "Sementando para o cambio"

Os días 27, 28 e 29 de setembro, levaremos a cabo o Encontro “Sementando para o Cambio”, organizado dende Sustinea que se vai a levar a cabo no Complexo do Corgo en Muíños (Ourense), onde participaremos educadores/as, monitores/as, técnicos/as, expertos/as e voluntarios/as do ámbito da comunicación e da educación ambiental.
 
O obxectivo deste encontro é, crear un espazo para o intercambio de experiencias, para a reflexión conxunta, para o fomento e apoio a iniciativas que teñen que ver co coñecemento, desenvolvemento e conservación do noso patrimonio natural, cultural e histórico, así como, poder crear un organismo que articule e faga posible unha política de educación ambiental integradora.
 
Este encontro componse de tres eventos:
 
1. I Seminario Europeo de Educación e Comunicación para o Desenvolvemento Sostible, organizado dende Sustinea enmarcado dentro do Programa Juventud en Acción. máis info
 
2. Xornadas Innova na Educación Ambiental: novas ferramentas e técnicas para a Educación Ambiental organizado dende Sustinea enmarcado dentro do Iniciativa Xove da Xunta de Galicia. máis info
 
3. I Foro Educando na Sostibilidade organizado dende Sustinea, para Técnicas/os Municipais de Xuventude e Medioambiente e persoal docente de Centros Escolares. máis info
 

Para máis información:
www.sustinea.org
info@sustinea.org
Telf.: 668 874 900

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.