
Este sábado 25 de xaneiro, dende Sustinea estaremos participando no Encontro galego de Educación Ambiental que terá lugar no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela.
Este encontro está organizado pola Federación Ecoloxista Galega-FEG, o grupo de investigación Pedagoxía Social e Educación Ambiental-SEPA da Universidade de Santiago de Compostela e a Sociedade Galega de Educación Ambiental-SGEA, co obxectivo de reflexionar e debater sobre a situación actual da educación ambiental en Galicia, promovendo un espazo de lectura crítica atento ás novas liñas de traballo que se están a emprender, así como a novos escenarios dende os que se están a desenvolver diferentes iniciativas baixo denominacións que non sempre aluden á educación ambiental, pero que entroncan cos seus fundamentos. As diferentes metodoloxías do Encontro buscan tamén artellar formas de traballo conxunto ou coordinado ante esta nova realidade.
Para máis información podes consultar o programa do encontro.
Engadir un novo comentario