EU CULTIVO E TI DÉIXASME A TERRA

Baixo esta premisa Sustinea pide a colaboración de toda a cidadanía ourensá, para colaborar en “Un rural para todxs”, nome do proxecto ecosocial, cuxo obxectivo ten a recuperación de terreos en desuso e abandonados na cidade de Ourense, para a posterior creación de  hortas ecolóxicas urbanas .
As/os destinatarios deste proxecto, son persoas que se atopan en risco de exclusión social, que non teñen recursos, traballo ou en xeral, aquelas persoas que se sintan motivadas por comezar un cambio na sociedade ourensá e no noso modelo de produción agrícola.
 
O que Sustinea busca son terreos en desuso na cidade de Ourense e arredores para cultivar en ecolóxico, con propietarios/as que os cedan a cambio do coidado dos terreos e dunha posible parte da colleita, ou dun pequeno aluguer do que o noso colectivo poida facerse cargo, co obxectivo común de promover unha agricultura ecolóxica en espazos en desuso ou abandonados e impulsar a cultura colaborativa na cidade de Ourense.
 
A cesión dos terreos debe ser como mínimo de cinco anos, e pode ir renovándose anualmente en función do acordo entre propietario/a e agricultor/a. Haberá un documento de cesión temporal onde se garanta que os terreos nunca cambiarán de propiedade. A persoa que cultiva os terreos faise cargo de tódolos gastos, desde a instalación ás ferramentas. A colleita pode compartirse previo acordo que cheguen entre ámbalas dúas partes. A única condición é que o cultivo sexa ecolóxico e que o terreo estea coidado.
 
Cada vez hai máis terreos en desuso, onde os/as propietarios/as non se poden facer cargo do seu obrigado mantemento, polo que é unha boa ferramenta para aforrar custes de desbroces, mantemento de muros, e unha boa conservación da paisaxe e o territorio.
 
Por iso animamos a todas as persoas con terreos que non usen a cedelos por unha boa causa.

 
Para máis información 988 782 964/ 604 028 876 ou info@sustinea.org
Agradecemos a máxima difusión e colaboración con este proxecto!

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.