Festa Etnográfica do Pereiro de Aguiar en Loñoá

Rematamos moi contentas e orgullosas esta primeira edición da Festa Etnográfica do Pereiro de Aguiar en Loñoá!! :)
Agora toca descansar para coller forzas e comezar a traballar para a seguinte edición.
Agradecemos a todas as persoas que se achegaron onte a desfrutar connosco desta fermosa recuperación das nosas tradicións e costumes. Pero sobretodo agradecer ao Concello do Pereiro de Aguiar por confiar en nós e por traballar con tanta profesionalidade e entusiasmo no Desenvolvemento Local Sostible do seu concello. E sobretodo, ás VECIÑAS E VECIÑOS DE LOÑOÁ, por ser tan boas persoas e cooperar connosco con tanta alegría, ofrecendo sempre o mellor de cada un e de cada unha. GRAZAS!!

Vémonos en breve!;)

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.