
Onte 24 de abril, un total de 24 persoas e 1 cadeliña, xuntámonos para desfrutar dunha xornada soleada e primaveral polas polas carballeiras e soutos do Arnoia, un dos Bosques Atlánticos máis fermosos da nosa provincia.
A paisaxe, a boa compañía, as risas, o barro, zapatillas encharcadas, e algún que outro tropezo fixo que a xornada fose aínda moito mellor.
Unha camiñata de aproximadamente 15 km. deunos para coñecer a biodiversidade deste tipo de bosques, dende cobras, teixugueiras, rastros de corzos, xabaríns, mustélidos, o peto, paporubio, rousinol común, ata sapo común, lirios, carballos e soutos centenarios, etc...
Agardecemos a todas as persoas que participaron pola xuntanza para festexar un día tan importante, e polas gañas de "coñecer para conservar" o noso partimonio ambiental.
Vémonos nas seguintes! Galería fotográfica da xornada
Engadir un novo comentario