Futuro sostible

 

Obxecto
O Programa de Educación Ambiental que presentamos dende Sustinea aborda os problemas ambientais actuáis e actúa como nexo entre as iniciativas escolares e a realidade destes rapaces e rapazas no ámbito familiar e social.
En Sustinea ofrecemos as ferramentas para profundizar no coñecemento do medio natural para ser quen de valoralo.

Descrición
O programa de Educación Ambiental Escolas Sostibles introduce a educación ambiental no currículo escolar e a sua implementación promove a ecoeficiencia nos centros educativos aumentando a coherencia ambiental e facilitando os recursos para autoxestión ambiental.
 

1. Crece coa tua árbore
O seu principal obxectivo é sensibilizar sobre a importancia da conservación dos ecosistemas forestais galegos e a identificación das principais ameazas.
As actividades a desenvolver son:
Creación dun viveiro forestal no centro escolar con sementes de árbores autóctonas.
Reforestacións participativas con sementes, plantóns ou nendo dango de áreas queimadas próximas ao centro ou no mesmo mediante unha actividade simbólica e de contacto coa terra.
 

2. Xardíns micocolóxicos escolares
Establecer un espazo nos centros educativos para o cultivo con criterios ecolóxicos de cogumelos e, diste xeito, poder coñecer a sua ecoloxía, as suas necesidades nutricionais, diferencialos no monte e aprender a conservalos.
 

3. Horta escolar
Sensibilizar aos escolares sobre os beneficios dos productos ecolóxicos, considerando a agricultura ecolóxica como un proxecto de futuro e una forma de apostar polo desenvolvemento sostible de cada zona.
As actividades para a implantación e posta en marcha da horta escolar inclúen asesoramento e formación do profesorado, a elaboración de materiais didácticos e a realización de actividades complementarias de sensibilización ambiental.
 

4. Biodiversidade
Realización dun roteiro nas proximidades do centro para coñecer os hábitats e as diferentes especies de animais e plantas que temos cerca de nós. Seguindo indicios e pegadas, os pequenos exploradores descubrirán a natureza que lles rodea.

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.