Gañadores do I Concurso Naturaliza Ourense

Hoxe estamos de noraboa, xa temos gañadores e gañadoras do I Concurso Naturaliza Ourense, dentro da Semana do Medioambiente en colaboración co Concello de Ourense e a Campaña Adopta unha Árbore.
 
Dicir que non foi doado, pois a implicación e a motivación coa que todas e todos participaron foi estupenda e todas se merecen unha especial mención. Aínda así, das case 20 árbores participantes, gustaríanos mencionar a labor de 3 delas, en orde de máxima puntuación resultante e gañadora da cestiña de produtos ecolóxicos locais:

 
1ª Árbores con vida = Cidade con vida, da man de alumnxs do Colegio Franciscanas de Ourense. Foi a árbore gañadora deste 1º Concurso!!! Noraboa pola implicación e a mensaxe transmitida!!
2º Árbores vs Wiffi, da man do Colexio Universidad Laboral De Ourense
3ª Árbores enfermas? Está da nosa man, da man da Familia Iglesias
 
Noraboa a todas e todos! Haberá máis oportunidades e máis actividades para naturalizar a nosa cidade.
 
Súmate á Campaña #AdoptaunhaÁrbore

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.