GALEUROPA 2017

O Programa Galeuropa é un programa de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e  Iniciativa de Emprego Xuvenil, coa finalidade da realización de prácticas formativas non retribuídas en  empresas/entidades públicas ou privadas de países europeo e máis concretamente en: Portugal (Lisboa), Malta (Valletta) e Italia (Brescia).
 
QUE CUSTOS CUBRE A AXUDA?:

  • Viaxe (gastos viaxe de ida e volta da persoa participante segundo o país de destino da mobilidade).
  • Aloxamento e manutención (custos/mes/día para cada participante segundo o  país de destino).
  • Apoio lingüístico.

DURACIÓN DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS:

  • 3 meses (Septembro, Outubro e Novembro).
  • 120h mensuais.

QUEN PODE REALIZAR A MOBILIDADE TRANSNACIONAL?:
A mocidade galega non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación,  inscrita no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da  Comunicade Autónoma de Galicia, que cumpra os seguintes requisitos:

  • Ter entre 18 e 29 anos (incluídos).
  • Non ter participado con anterioridade en ningún programa Galeuropa.
  • Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
  • Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
  • Non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a  actuación.

Se estás interesado/a, cubre o seguinte cuestionario, para comenzar así con esta nova aventura europea.

Para máis información: 988 782 964 ou mobility@sustinea.org

 

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.