
O Programa Galeuropa é un programa de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanciado polo
Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil, coa finalidade da realización de prácticas
formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países Europeos e que ten como
obxectivo principal reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais da nosa mocidade Galega.
OBXECTIVOS QUE SE PRETENDEN ACADAR:
- Incrementar as posibilidades de inserción laboral para a mocidade.
- Complementar a competencia profesional e persoal.
- Adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos.
- Fomentar a autonomía persoal.
ONDE PODO REALIZAR ESTAS PRÁCTICAS:
- IRLANDA
- MALTA
DURACIÓN DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS: 3 meses dende finais de agosto ata finais de novembro (tódalas mobilidades ten que estar rematadas antes do 30 de novembro).
QUE CUSTOS CUBRE A AXUDA?:
- aloxamento,
- manutención,
- apoio lingüístico,
- transporte local no país de destino
- transfer dende e ata o aeroporto.
QUEN PODE REALIZAR A MOBILIDADE TRANSNACIONAL?:
- Mozxs entre 18 e 30 anos.
- A mocidade Galega non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación.
- Inscrita no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunicade Autónoma de Galicia.
- Que NON participara no programa Galeuropa en anos anteriores.
Para coñecer máis acerca do programa e facer unha preinscrición con Sustinea, soamente tés que
cubrir o seguinte formulario online.
Para máis información:
- Email: mobility@sustinea.org
- Tlf: 988 782 964
Engadir un novo comentario