A Historia das Cousas

A historia das cousas (en inglés The Story of Stuff) é un documental web sobre o ciclo de vida de bens e servizos. O documental foi posto en liña o 4 de decembro de 2007, está escrito e narrado por Annie Leonard.
Xa hai máis de 12 millóns de persoas que viron o documental en liña, e ademais se proxectou en miles de escolas, lugares de culto, eventos comunitarios e de negocios arredor do mundo.
 
O documental de 20 minutos presenta unha visión crítica da sociedade consumista. Expón as conexións entre un gran número de problemas sociais e do ambiente, e convócanos a todos a crear un mundo máis sostible e xusto. Describe a economía de materiais, un sistema composto por extracción, produción, distribución, consumo, e residuos. Este sistema esténdese con persoas, o goberno, e a corporación. A súa tese principal é: Non é posible operar un sistema lineal indefinidamente nun planeta finito.
 
As súas afirmacións están apoiadas por datos estatísticos e referencias a diversos traballos científicos (que non aparecen directamente no documental, pero poden consultarse no script con anotaciones e na folla de feitos ).

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios