I Foro Educando na Sostibilidade

Hoxe en día, son numerosas as escolas, concellos, asociacións ou empresas que adican os seus esforzos a difundir e conservar os recursos medioambientais empregando a educación ambiental como unha ferramenta para a educación en valores e como alternativa enriquecedora dentro das actividades de tempo libre.
 
A posta en común das actividades ou iniciativas que se levan a cabo por concellos e escolas en Galicia é unha necesidade á hora de optimizar e difundir a Educación Ambiental; con este motivo xorde o Foro Educando na Sostibilidade: facilitar a formación, discusión e o intercambio de experiencias.
 
O foro terá lugar os días 26 e 27 de setembro no Complexo do Corgo en Muiños( Ourense), encadrado dentro do Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés e da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês- Xurés. Este evento encádrase dentro do encontro Sementando para o Cambio, que xuntará nas mesmas datas e lugar a educadores ambientais de toda Europa, España e Galicia que porán en común estratexias de actuacións comúns.
 
Destinatarios:
 
Técnicas/os Municipais de Xuventude e Medioambiente e persoal docente de Centros Escolares, coma un novo destinos para as súas actividades, coma un novo equipamento, e un recurso en xeral, ampliando con iso as posibilidades de traballo nas localidades do entorno do Parque.
 
Metodoloxía:
 
Educando na Sostibilidade é un foro para facilitar a actualización científica e técnica no ámbito da pedagoxía ambiental, á vez de crear un espazo de discusión, presentación e intercambio de experiencias, coñecemento de recursos, etc., que se desenvolvan en Galicia.
 
O desenvolvemento desta primeira edición vai a permitirnos elaborar un interesante banco de documentación e experiencias que serán distribuídas entre os/as asistentes, ademais de crear unha rede de recursos e experiencias de traballo entre os participantes no foro.

A organización do I Foro Educando na Sostibilidade, responde a un esquema básico de:
 

  • Experiencias Escolares e Actividades de Educación Ambiental.
  • Iniciativas educativas dos concellos de Galicia.
  • O Centro Educativo como recurso didáctico.
  • Exposicións de materiais.
  • Os Espazos Naturais coma destinos educativos: o caso do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xures.
  • Visita guiada ao pobo de Salgueiro no corazón do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xures, coma exemplo de visita educativa.

 
Ademais prepáranse espazos para exposición de traballos, intercambio de documentos, exposición de materiais, paneis, fotografías, etc.
 
Inclúe:
Aloxamento e manutención
Actividade de balde
 
 
INSCRICIÓNS ABERTAS!!
PRAZAS LIMITADAS A TÉCNICAS/OS MUNICIPAIS DE XUVENTUDE E MEDIOAMBIENTE E PERSOAL DOCENTE DE CENTROS ESCOLARES
descarga ficha inscrición doc.
 
Para máis información:
www.sustinea.org
info@sustinea.org
Telf.: 668 874 900

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.