
Sustinea convídavos a participar nos I Monográficos de Mostreo da Fauna Salvaxe que se celebrará no Espazo de Participación Ambiental Pena Corneira en pleno Monumento Natural de Pena Corneira. Terán lugar durante tres fins de semana no mes de setembro, adicada cada unha delas a un grupo animal:
8-9 Setembro
Detección e Identificación de Morcegos mediante sondeos acústicos e estacións de captura.
Guiado polo SOREX ECOLOXIA E MEDIO AMBIENTE S.L.
22-23 Setembro
Técnicas de Mostreo de Mamíferos e Micromamíferos.
Guiado polo SOREX ECOLOXIA E MEDIO AMBIENTE S.L.
29-30 Setembro
Estudio de Anfibios e Réptis de Galicia. Bioloxía e Conservación.
Guiado por Saramaganta
Nestas xornadas daremos a coñecer de xeito práctico a actividade dos animais no seu propio medio á vez que aprendemos a observar con detenimiento escenarios, restos e indicios que deixan ao seu paso, aportando toda a información precisa para coñecer máis sobre a bioloxía e a conservación destas especies. Ademais ofertamos para o sábado pola noite, unha saída nocturna, a realización dun transecto para a identificación de carnívoros, anfibios, e morcegos, tanto visualmente coma por sinais indirectos (cantos).
Contidos dos Monográficos
• Saídas nocturnas
• Roteiros de identificación
• Usos de Novas tecnoloxías aplicadas ao estudo da fauna
• Inventario de fauna do Monumento Natural de Pena Corneira
• Técnicas de achegamento, conducta no rastrexo e observación da fauna
• Lectura dos rastros, interpretación de indicios e análise das escenas Inscricións:
• PRAZAS LIMITADAS!!
Ficha inscrición Información e reservas: info@sustinea.org Tfno: 677 163 387
Compartir automóbil:
Agradecemos que todo aquel que vaia a levar automóbil ás xornadas, se inscriba na aplicación que amosamos a continuación para que outras persoas poidan compartir gastos con vos.
Atopa a tua viaxe en automóbil compartido
Non dubides en compartir automóbil e reducir o impacto da nosa actividade!
Comentarios
comparto 2 prazas en coche
Ola son David! Estou chamando
Comparto 4 plazas en coche
Coche
Ya tienes plaza ;)
Hora
Hora
Coche
Comparto tres prazas
Me interesa una de esas plazas :)
Coche dende Vigo
Eu tamén estaría interesado
Coche dende Vigo
busco gente que salga de coruña hacia Leiro
Coche dende Coruña
Coche desde Ourense
preciso transporte a Leiro
Otro coche desde Ourense
Coche desde Pontevedra
3 Prazas coche, Ourense Leiro e volta