I Monográficos de Mostreo. Estudio de Anfibios e Réptis de Pena Corneira.

29-30 Setembro

Estudio de Anfibios e Réptis de Pena Corneira.
Guiado por Saramaganta

Contidos dos Monográficos
• Saídas nocturnas
• Roteiros prácticos de identificación
• Obradoiros
• Usos de Novas tecnoloxías aplicadas ao estudo da fauna
• Inventario de fauna do Monumento Natural de Pena Corneira
• Técnicas de achegamento, conducta no rastrexo e observación da fauna
• Lectura dos rastros, interpretación de indicios e análise das escenas

Nestas xornadas daremos a coñecer de xeito práctico a actividade dos animais no seu propio medio á vez que aprendemos a observar con detenimiento escenarios, restos e indicios que deixan ao seu paso, aportando toda a información precisa para coñecer máis sobre a bioloxía e a conservación destas especies.

Ademais ofertamos para o sábado pola noite, unha saída nocturna, a realización dun transecto para a identificación de carnívoros, anfibios, e morcegos, tanto visualmente coma por sinais indirectos (cantos).

PRAZAS LIMITADAS!!
Aloxamento e manutención incluídas
Prezo: Esta actividade é gratuíta, aínda que poderedes apoiar e colaborar a actividade de Sustinea facendo un donativo.
Información e reservas:
info@sustinea.org
Tfno: 677 163 387

sábado, 29 Setembro, 2012 - 17:00 to domingo, 30 Setembro, 2012 - 14:00