II ECO Mercado de Pereiro de Aguiar

Hoxe festexamos o Día Mundial do Medioambiente, facendo unha boa valoración do día de onte, onde festexamos o II ECO Mercado de Pereiro de Aguiar. Xa sabedes que este mes de maio, Sustinea o adicou ás alternativas para o cambio, e mostrar ás produtoras de ecolóxico que existen na nosa provincia e facilitar o consumo dos seus produtos é unha delas.
 
Contentas e motivadas, dende Sustinea continuamos a nosa labor hoxe Día do Medioambiente e os outros 364 días restantes.