III Monográficos de Fauna Salvaxe

Este ano adicamos esta 3ª edición a estudar a fauna que habita no Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés, no que estivemos realizando roteiros, interpretando os rastros e sinais que deixa a fauna durante os seus percorridos, lobos, raposos, teixugos, martas, donicelas, toupas, ourizos, etc... e vendo especies coma a pintega rabilonga (Chioglossa lusitanica) e sapo curriqueiro, entre outras. Durmimos en plena Reserva Natural, onde aproveitamos para facer estacións nocturnas de estudo de morcegos, na cal puidemos estudar especies coma o morcego das hortas (Eptesicus serotinus), morcego das fragas (Barbastella barbastellus) e o morcego anano (Pipistrellus pipistrellus), desfrutando ao mesmo tempo da tranquilidade e da paisaxe nocturna do Parque Natural. 
 
E aínda que o tempo nos acompañou con moita choiva, as persoas que participaron nestes III Monográficos, desfrutaron dun entorno privilexiado, coma é o Xurés, que nos agasalla con paisaxes, fauna e flora digna de estudar e coñecer para conservar.
 
Agardamos de que todas as persoas que non puideron participar nesta 3ª edición, podades participar con nós na 4ª, así que vos agardamos!