III Xornada Micolóxica en Pena Corneira

Outro ano máis, dende Sustinea en colaboración con Juan José Martínez Álvarez –da Asociación Micolóxica Os Cogordos, levamos a cabo as III Xornada Micolóxica do Monumento Natural de Pena Corneira, este pasado domingo 27 de outubro.
Coma cada ano, coa celebración destas xornadas, pretendemos ser un punto de encontro para entender a micoloxía como un recurso máis dos nosos montes, dentro da súa multifuncionalidade, e con elas, unha aposta de futuro do Monumento Natural de Pena Corneira, así como unha das ferramentas de desenvolvemento rural no mesmo.
Este ano adicámolo ao grupo das amanitas, recoñecendo as perigosas pero tamén as comestibles, ademais doutras tantas que non fumos atopando polo camiño. 
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que foi, e xa sabedes, se queredes achegarvos ao apaixonante mundo da micoloxía, poñédevos en contaco con nos, pois temos un par de sorpresas de cara a primaveira!!

Etiquetas: 

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.