A illa das flores

"O señor Suzuki, a diferenza dos tomates, as baleas e as galiñas, é un ser humano", caracterizado por ter o telencéfalo altamente desenvolvido e o polgar oponible, que cultiva tomates. Na Illa das Flores hai poucas flores, pero moito lixo, é un dos vertedoiros de Porto Alegre. Se vos digo que o curto conta o que lle acontece a un dos tomates do Sr. Suzuki ata chegar á Illa das Flores probablemente pensaredes, "oh, que historia tan apaixonante!" Pois si, apaixonante historia a que nos conta Jorge Furtado neste curto documental, no que en tan só 12 minutos nos dá unha lección maxistral de como funciona noso mundo.

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios