Imaxes recompensas do Crowdfunding Bibliotecas Vivas

Dende MAÑÁ 28 de abril haberá 6 diferentes niveis de participación caracterizados por diferentes recompensas, dende un nivel básico ata un último co que poderedes elexir unha persoa maior que coñezades para entrevistala. Imos ver cada nivel por separado:
 
Nivel 1: Recibirás o título “Fundador”.
 
Nivel 2: Recibirás o recoñecemento “Fundador” na páxina web da asociación e do proxecto + a chapa con el logo de "BibliotecasVivas".
 
Nivel 3: Recibirás o recoñecemento "Fundador" na páxina web da asociación e do proxecto + a chapa con el logo de "BibliotecasVivas" + o calendario personalizado de "Bibliotecas Vivas".
 
Nivel 4: Recibirás o recoñecemento "Bibliotecario Principal" + a chapa + o calendario personalizado de "Bibliotecas Vivas" e a camiseta de unidades limitadas co logo "BibliotecaVivas", para que poidas sempre mostrar o teu apoio ao noso proxecto!
 
Nivel 5: Recibirás o recoñecemento "Bibliotecario Principal" + a chapa + o calendario de "Bibliotecas Vivas" e a camiseta de unidades limitadas co logo "BibliotecaVivas", para que poidas sempre mostrar o teu apoio ao noso proxecto! Ademais poderás facer unha visita guiada co equipo de Sustinea para ver como se traballa o proxecto "BibliotecasVivas" dende dentro .
 
Nivel Máximo: Recibirás o recoñecemento "Bibliotecario Máximo" dende este nivel de cofinanciación + a chapa + o calendario personalizado de "Bibliotecas Vivas" e a camiseta de unidades limitadas co logo "BibliotecaVivas!", para que poidas sempre mostrar o teu apoio ao noso proxecto! 
Ademais, poderás facer unha visita persoalizada co equipo de Sustinea para amosarte como se traballa o proxecto "BibliotecasVivas" dende dentro. Con este último nivel de cofinanciación terás posibilidade única de elixir a unha persoa maior que coñezas para unha entrevista especial que imos engadir ao proxecto.