
Abrimos o prazo de inscrición para os Campamentos Explora Ourense que levamos a cabo cada ano en colaboración da Deputación de Ourense, en Muíños e no Parque Natural do Xurés.
Poderanse solicitar as prazas mediante a entregada dunha folla de solicitude dende o 25 de maio ata o 14 de xuño no rexistro da Deputación Provincial de Ourense.
As follas de solicitude poden obterse no rexistro provincial ou na web www.exploraourense.com
O sorteo de prazas, para as persoas que fixeran a solicitude realizarase o 21 de xuño ás 11 horas no salón de actos do Centro cultural Marcos Valcarcel e será aberto ao público.
Para máis información https://goo.gl/cMPPLK ou 988 782 964
Engadir un novo comentario