Intercambio xuvenil europeo: Implicad@s polo cambio

 
SUSTINEA oferta a 6 xovenes a posibilidade de participar nun INTERCAMBIO XUVENIL EUROPEO que se vai a celebrar en Muíños (Ourense) do 9 setembro ao 18 setembro 2015, no que participarán 30 xovenes de Francia, Portugal e Galicia-España. Este proxecto englóbase dentro do Programa ERASMUS+.

Os requisitos necesarios para poder participar son ter entre 16 a 30 anos e enviarnos un correo electrónico antes do 15 de Agosto.

O programa ERASMUS+, financia o 100% do Aloxamento, comida e actividades durante os 9 días de intercambio e asigna unha bolsa para gastos de viaxe (segundo normativa do programa europeo).

Os/as participantes deberán acudir a unha reunión preparativa na sede de SUSTINEA, onde se informará de todo o programa, se prepraran as actividades, etc.

Información do Proxecto

O Intercambio xuvenil: Implicad@s polo cambio, é un intercambio de 9 días de duración dirixido a 30 mozos/as de tres países europeos: Francia, Portugal e España.

Este intercambio, busca a socialización e o desenvolvemento integral dos mozos e mozas participantes, a través da participación en distintas actividades ambientais: work shop, visitas didácticas, actividades de ocio, dinámicas de grupo, teatro, debates, video-forum, obradoiros, elaboración de produtos ecolóxicos, etc.

Son moitas as posibilidades de integración que ofrece este Intercambio. Este programa, potencia o seu protagonismo, xa que fomenta a participación directa dos/as mozos/as no desenvolvemento e xestión das actividades, instaurando así unha verdadeira cultura asociativa.
 
Os obxectivos son:

. Loitar contra o risco de exclusión.

. Permitirlle a cada persoa sentirse pertencer á sociedade.

. Consolidar un lazo social entre os mozos e mozas participantes.

. Crear un espazo de encontro onde intercambiar experiencias sobre as dificultades dos mozos e mozas hoxe en día para inserirse (encontrar un emprego, adquirir a súa autonomía, construír unha vida de familia, etc.), sobre os problemas cando non atopan un traballo.

. Dispoñibilizar os recursos precisos para a empregabilidade no medio rural a colectivos en risco de exclusión social.

. Facilitar información sobre o mercado laboral en empregos relacionados co rural e as posibilidades que este ofrece no momento actual.

. Coñecer alternativas de produción ecolóxicas que permitan o asentamento da poboación no rural.

. Favorecer o coñecemento doutras culturas e o entendemento mutuo compartindo experiencias.

. Compartir experiencias socioculturais de interese e fomentar o diálogo intercultural.

Para máis información e inscrición:

Telf.: 988 782 964

info@sustinea.org

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.