Intercambio Xuvenil "Jóvenes Activxs"

Dicimos "ata pronto" a todas as persoas que participaron neste Intercambio Xuvenil Europeo “Jóvenes Activxs”, que levamos a cabo no pobo de Maus de Salas no Parque Natural do Xurés, dende o 3 ao 12 de setembro. Un encontro fermoso con amizades doutros anos de Intercambios anteriores como son a nosa familia de Francia Cap Sud Poitiers e a portuguesa de Associação Juventude Vila Fonche e a toda gran familia Sutineica, chegada de moitas partes de España.
 
Nesta iniciativa financiada polo ERASMUS+, participaron 30 mozos/as de 3 países – España, Francia e Portugal, que traballamos para xerar un espazo de intercambio de experiencias e de mentes pensadoras facendo un chamamento ao activismo ambiental e social. O obxectivo principal foi o traballo en diferentes campañas e proxectos que teñen como finalidade aportar solucións prácticas e participativas a grandes problemas que afectan ao medio ambiente e, máis concretamente, á problemática dos incendios que nos derradeiros anos está afectando de maneira desmesurada tanto a Galicia como a Portugal; así como a contribuír ao progreso para unha sociedade máis sostible.
 
Un encontro perfecto con xente marabillosa!

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.