IV Xornada Micolóxica en Pena Corneira

Un ano máis, dende Sustinea convidámosvos a participar na IV Xornada Micolóxica do Monumento Natural de Pena Corneira o sábado 15 de novembro, adicada aos “Hábitats particulares das setas e cogomelos”.
 
Coma tódolos anos, contaremos coa colaboración do experto en micoloxía, Juan José Martínez Álvarez –da Asociación Micolóxica Os Cogordos.
 
Durante este día, faremos unha introdución teórica sobre as especies máis común de cogumelos en Galicia. Desfrutaremos dunha saída micolóxica polo Monumento Natural de Pena Corneira, recolectando e identificando as especies que alí habitan. Faremos un importante fincape nos consellos e normas de recollida, facendo un uso sostible dos nosos montes. Coñeceremos as setas comestibles e velenosas, e remataremos, creando unha exposición dos fungos recollidos, aprendendo a identificar ben os mesmos, utilizando as guías de campo.
 
Convidamos a todas as persoas aficionados/as ou que se queiran iniciar na micoloxía a participar nunha das actividades máis prácticadas nesta época, e a desfrutar duns días outonais polo marabilloso Monumento Natural de Pena Corneira.
 
O lugar de encontro será ás 10.30 horas no Espazo de Participación Ambiental de Pena Corneira en Lamas (Leiro).
 
Material preciso:

  • Cesta ou caixa con aberturas.
  • Navalla.
  • Botas de montaña.
  • Chaleque reflectante.
  • Roupa axeitada ás condicións metereolóxicas.
  • Xantar de campo.

 
PRAZAS LIMITADAS!!
 
· Prezo da xornada: 10 €
· Data límite de inscrición ata o mércores 12 de novembro.
 
Máis info: 988 782 964
info@sustinea.org

Comentarios

Boas compañeiras/os, se queredes compartir vehículo e así aforrar en gastos de combustible e en emisións de CO2, ao mesmo tempo que vas en compañía, este é o espazo para facer as vosas propostas. Animádevos, resulta moi gratificante!
Ola!! Maña irei a Pena Corneira dende Ourense e terei sitio libre no coche. Se alguén está interesado que deixe un aviso e poreime en contacto. Saudos

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.