Lanzamos a nova campaña "1 mes 1 compromiso"

En 2016 propoñémosvos 12 meses para comprometernos coa Saúde e o Medioambiente. Cada mes estará adicado a unha temática ambiental, que festexaremos lanzando un desafío social e ambiental, cos que buscamos implicar a cidadanía  na promoción dun cambio consciente e responsable. Cada mes irémosvos anunciando a temática adicada e decindo en que consiste cada desafío, no que nos encantaría participárades e fixérades participes ás vosas amizades, familia, compañeiras de traballo, etc...

Pero aínda hai máis. Como a Sustinea nos encanta tecer redes para crear unha masa social comprometida, convidámosvos a participar nas 10 visitas que acompañan a cada temática mensual. Estas visitas son totalmente gratuítas, só pedimos compromiso pois as prazas son limitadas. Se queredes participar nas mesmas, debedes facer a inscrición en info@sustinea.org ou chamando ao telf. 988 782 964.

Estade moi atentas/os ao noso facebook para non perdervos nada !

Este mes por ser o primeiro, gustaríanos adicarllo á unha temática coa que buscamos promover unha visión positiva para un Desenvolvemento Sustentable, no que a partir de hoxe colaboremos todas e todos.

A temática será a Educación Ambiental (Día Mundial da Educación Ambiental 26 de Xaneiro), un dos alicerces nos que se apoia o cambio de actitudes preciso para garantir o desenvolvemento da sociedade sen comprometer os recursos naturais e as oportunidades das xeracións futuras.
 
Promover a participación da cidadanía e capacitala para comprender os retos aos que nos enfrontamos, é o obxectivo prioritario da nosa nova Campaña de Educación Ambiental "10 meses para comprometerse".
 
Aínda non te anotaches? A que agardas?
Ah e no te esquezas de facer o teu desafío!
 

​Agardámoste!

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.