Medidas de protección da agricultura e a gandaría: Interaccións coa fauna silvestre

Sabemos que hai moita mala información ao respecto do lobo e de outras interaccións de fauna salvaxe con intereses gandeiros. Tamén sabemos que hai moitas persoas do mundo agrario que traballan para defender a biodiversidade e para elas o MAGRAMA publica interesantes medidas, recollidas en fichas, para protexer o gando sen afectar ao entorno.
 
Dada a pretensión eminentemente práctica do catálogo, a información contida neste preséntase en formato de ficha por especie de fauna silvestre e tipoloxía de recurso a protexer; cunha primeira descrición dos danos e circunstancias en que estes se producen, unha posterior descrición técnica detallada das medias preventivas propostas e unha bibliografía de referencia actualizada.

A información contida nas fichas procede da revisión e avaliación de publicacións técnicas ou científicas sobre boas prácticas ou mellores técnicas de prevención, así como de experiencias específicas desenvolvidas no contexto propio español. En xeral pretendeuse dar un enfoque innovador, aproveitando a potencialidade que as novas tecnoloxías e coñecementos científicos recentes poden achegar aos enfoques máis tradicionais de afrontar as interaccións da fauna silvestre coa agricultura e a gandaría.

Polo seu carácter de proposta de mellores técnicas dispoñibles, as fichas iranse actualizando progresivamente segundo vaia aparecendo nova información científica ou técnica.

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.