
Dende Sustinea apostamos firmemente pola xuventude, por iso queremos propor aos colexios/institutos a colaboración comprometida coa campaña “MOBILízate pola selva” na cal Sustinea colabora co Instituto Jane Goodall na realización de charlas informativas, actividades de sensibilización e recollida de móbiles en desuso.
A campaña “ MOBILízate pola selva” busca sensibilizar á cidadanía sobre as consecuencias que a nosa alta demanda de coltán, mineral que se usa para productos electrónicos (móbiles, ordenadores, consolas,...) ten no noso entorno e nos lugares de orixe, como a República Democrática do Congo. Alí, a guerra polo control das minas deste mineral produciu xa varios millóns de mortos e refuxiados, deforestación, contaminación e matanzas de animais en perigo de extinción como gorilas e chimpancés.
En España existen máis de 56 millóns de liñas de teléfonos móbiles para uns 47 millóns de habitantes. Debemos plantexarnos as consecuencias dos nosos hábitos de consumo e valorar as nosas necesidades antes de adquirir nova tecnoloxía.
Se estades interesados/as na realización dunha charla informativa no voso Colexio/Instituto, cubride este formulario de inscrición e porémonos en contacto convosco. Lembrade que pola sensibilización coa temática a tratar, aconsellamos que os/as alumnos/as implicados/as na campaña se atopen cursando polo menos, o último ano de primaria (11/12 anos) ou superiores.
Colaborade e movilizádevos!
Engadir un novo comentario