A fin de semana do 8-9 de setembro desenvolveuse no Monumento Natural de Pena Corneira o I Monográfico de mostreo de fauna salvaxe adicado aos morcegos.
Durante a actividade puidemos coñecer máis sobre o comportamento, importancia e técnicas de captura para o estudo dos quirópteros. Para esta fin, instalamos redes axeitadas e empregamos detectores de ultrasons para recoñecer a súa presenza. Unha vez capturados puidemolos identificar e recoller os datos pertinentes.
A xornada do domingo serviunos para a realización de caixas morcegueiras e a súa colocación en Pena Corneira o que lles permitirá aos morcegos recurrir a elas como refuxio e a nós seguir a súa evoloción e o seu estudo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Comentarios recentes