Monográfico de mostreo de fauna. Mamíferos.

Durante a fin de semana do 22 e 23 de setembro puidemos achegarnos ás técnicas de mostreo de mamíferos en Pena Corneira. Ao longo de dous días descubrimos os rastros que deixan os diferentes tipos de mamíferos no terreo. Aprendimos a empregar as trampas non invasivas de pelo, pegadas e o fototrampeo.
 
O domingo vimos como facer seguimento de micromamíferos mediante a análise de egagrópilas e dos ósos que nela se atopan.
 
Aquí podemos ver unha mostra de todo isto.