Mozas e mozos do Intercambio Xuvenil Europeo ECOLógico súmanse á reivindicación do uso da bicicleta en Ourense

Data: Xoves 29 deSetembro de 2016
Hora: 19:30 h
Lugar: Praza Maior
Organizan: Sustinea e o colectivo de ciclistas urbanos Masa Crítica Ourense.

 
Sustinea acolle esta semana en Ourense ao Intercambio Xuvenil Europeo Eco-lóxico, financiado polo Erasmus+, no que participan 30 mozas e mozos de Italia, Francia e Galicia. As actividades programadas teñen carácter ambiental, social e cívico. Un dos propósitos desta experiencia é fomentar unha xuventude pro-activa e comprometida co Medioambiente. Por isto unímonos á cita do último xoves de cada més que organiza a Masa Crítica co obxectivo de dar a coñecer as grandes vantaxes que achegan á mobilidade, á sociedade e ao individuo, unha maior presenza das bicicletas. Nesta ocasión para dar máis visibilidade ao evento, estas 30 persoas europeas convídannos a que se achegue o maior número de persoas para participar no deseño dunha gran bicicleta que debuxaremos na Praza Maior empregando os nosos corpos. Acto seguido, daremos un paseo en bicicleta polas rúas da cidade de Ourense, sumandonos ao colectivo da Masa Crítica.
 
Para máis información:
988782964 ou en info@sustinea.org

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.