Novas actividades para o outono!

Xa chegou o outono e con el moitas actividades para desfrutalo!! 

Propoñémosvos xa para comezar esta fin de semana, as II Xornadas Micolóxicas que se farán no Concello de Boborás, con saídas ao monte. 

O seguinte será o Curso de fotografía de Outono, no que sacaremos as cámaras e aprenderemos a mellor maneira de fotografar eses escenarios e paisaxes tan bucólicos cas cores tan características desta estación do ano. 

Pero como nos gustan os retos, faremos un Curso de fotografía nocturna no lugar da Fenteira (Boborás), espazo no que poderemos observa o ceo en todo o seu esplendor.
 

Animádevos a participar. Son actividades gratuítas e financiadas pola Dirección Xeral de Xuventude, Voluntario e Participación da Consellería de Política Social.
 
Para máis información e inscricións: 988402008 e no correo cultura@boboras.org ou en boboras.gal !

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.