Esta fin de semana do 10 ao 12, participamos no Reperkusión 2013 con un proxecto piloto denominado Biofestival, no que implementamos baños secos e duchas solares creadas a través de materiais de refugallo, para fomentar a reducción de auga e consumo enerxético , e que funcionaron á perfección e foron moi ben acollidas pola xente do festival.
Dentro das accións do Biofestival, tamén se atopaba a campaña para concienciar acerca da importancia e necesidade da participación cidadá, na xestión dos residuos que se xenerarón durante os 3 días do Festival, promovendo a reducción, a reutilización e o reciclado para reducir o impacto ambiental neste tipo de eventos.
Durante estes tres días, dispuxemos dun posto no festival onde realizamos varias actividades entre as que destacaron:
Charlas temáticas, como “Finanzas éticas como alternativa para o cambio” e “Consumo responsable. Os grupos de consumo como experiencia viable”; o mural do Expres-arte, onde todas as persoas que por alí pasaron, ían colando un pensamento, desexo ou crítica sobre a situación ambiental actual; as proxección dos documentais ambientalistas: Proxectando cara a sostibilidade; e como prato forte, e máis fotografado durante os 3 días, colocamos a exposición do Re-fogar, onde quixemos mostrar varias alternativas para prolongar a vida dos considerados residuos que se xeraban durante o festival.
Comentarios recentes