O Campo de Traballo Internacional encheu de enerxía a aldea de Salgueiro

Durante 10 días, a Aldea de Salgueiro reviviu coa enerxía positiva das persoas participantes no Campo de Traballo Internacional, que colaborarón con nós, para rehabilitar e recuperar a aldea tradicional de carboeiros, ubicada en pleno corazón do Parque Natural Serra do Xurés.
 
Neste tempo, persoas provintes de varios puntos de España, Corea do Sur, Francia, Rusia e Portugal, desenvolveron unha magnífica labor recuperando partes importantísimas da nosa cultura e tradición, coma foron a eira onde se mallaba o centeo; o forno comunal, no que volvimos a facer unha fornada cunha cea do máis enxebre; o muíño e todas as súas canles; os camiños, nos que estamos traballando para realizar unha ruta interpretativa etnográfica; as vivendas, nas que durantes as xornadas de traballo volverón a sentir a calor humana; e a retirada de escombros, vovendo a Salgueiro, una aldea digna de sentarse e observala pola súa beleza e singularidade.
 
Pero non todo se quedou en traballar, senón que desfrutamos de días marabillosos na contorna do Parque Natural, realizando rutas ambientais, actividades naúticas cruzando en kaiak ata o Aquis Querquennis, vivaque en plena aldea de Salgueiro, viaxamos a Ourense para coñecer a cidade termal por excelencia, e onde desfrutamos das estupendas augas minero-mediciñais e da súa tradicional ruta de tapas polo casco antigo, así coma moitas actividades e obradoiros lúdico-ambientais. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.
 
Agradecemos o esforzo e a labor realizada polas/os participantes, pois foron e serán o comezo dunha labor na que dende Sustinea nos embarcamos fai un par de anos, para recuperar tradición, cultura e desenvolvemento rural, dende as nosas raíces.
 
Moitas gracias!!

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.