O Xurés dende outra mirada

Durante a fin de semana do 7 e 8 de xullo, levamos a cabo a actividade “O Xurés dende outra mirada” incluída dentro do programa Embárcate da Concellería de Xuventude de Ourense, onde combinamos o contacto coa natureza adentrándonos na reserva integral en pleno corazón do Parque Natural do Xurés, co lecer coñecendo e desfrutando as termas do Río Caldo, co deporte coma as actividades naúticas e co coñecemento do noso patrimonio cultural e ambiental visitando o Aquis Querquennis, entre outras.

Durante a fin de semana e gracias ás/os participantes, creouse un ambiente ideal para desfrutar dunha fin de semana nun entorno espectacular coma é a Serra do Xurés.

Agradecemos a pasión e a ilusión demostrada en todo momento, e agardamos voltar a desfrutar destes momentos en tan boa compañía.

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios