
Sustinea en colaboración co Concello de Pereiro de Aguiar, celebran xuntas o Día Internacional da Alimentación o 16 de outubro, poñendo en marcha os Obradoiros de cociña alternativa e biosudable, que se van a levar a cabo no Albergue de Ordelles.
Haberá dúas sesión, unha con receitas de outono-inverno que será o día 17 de outubro de 10:00 a 14:00. E outra que será o 19 de marzo de 2016, con receitas de primaveira-verán.
Elaboraremos receitas libres de gluten, azucre, e leite, traballando sobretodo con productos de tempada, autóctonos e ecolóxicos na medida do posible.
Duración do obradoiro: 4 horas
Prezo: 6 € persoa/obradoiro
Para máis información e inscricións: cultura@concellopereiro.com e 988 259 839
Engadir un novo comentario