Obradoiro de cociña alternativa e biosaudable de outono-inverno

Dende Sustinea e o Concello de Pereiro de Aguiar celebramos esta fin de semana o Día Internacional da Alimentación, cociñando conscientemente no Obradoiro de cociña alternativa e biosaudable de outono-inverno, no Albergue de Ordelles.
 
Neste obradoiro participaron 23 persoas marabillosas, coas que compartimos a nosa filosofía culinaria natural, baseada no emprego de produtos integrais, de cultivo ecolóxico, local e de tempada, sustentables co Medioambiente, coa intención de achegar uns coñecementos e unha filosofía de entender a cociña a través de menús gastronómicos doados de aplicar no noso día a día ou incluso en eventos especiais.
 
Durante a xornada, primeiro elaboramos menús deliciosos, naturais e saudables, dende almorzos enerxéticos, ata xantares e ceas desintoxicantes e nutritivas, e uns aperitivos alternativos que nos aportan nutrintes e minerais esenciais para o noso organismo. Despois desta elaboración, tocou a parte de degustación do elaborado, e podemos dicir que todo estivo riquísimo e cunha moi boa presentación. Sodes grandes cociñeir@s!!!
 
Con este obradoiro, quixemos contribuír á difusión de entender o acto de cociñar de forma consciente, desde a elección das materias primas, ao momento para comer, pasando pola importancia da intención no momento de cociñar, entendendo este acto como unha alquimia que vai achegar non só nutrientes, tamén benestar emocional, físico e espiritual, sen esquecernos da importancia á hora de presentar os pratos elaborados.
 
Agradecemos a todas as persoas que participastes, pola vosa enerxía e o bo ambiente creado, agardamos vervos nas seguintes!!
 
Podedes ver as fotos do obradoiro na galería de imaxes de Sustinea

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.