Obradoiro de cociña alternativa e biosaudable de outono-inverno

Dende Sustinea e o Concello de Pereiro de Aguiar celebramos esta fin de semana o Día Internacional da Alimentación, cociñando conscientemente no Obradoiro de cociña alternativa e biosudable de outono-inverno, no Albergue de Ordelles.
 
Con este obradoiro, quixemos contribuír á difusión de entender o acto de cociñar de forma consciente, desde a elección das materias primas, ao momento para comer, pasando pola importancia da intención no momento de cociñar, entendendo este acto como unha alquimia que vai achegar non só nutrientes, tamén benestar emocional, físico e espiritual, sen esquecernos da importancia á hora de presentar os pratos elaborados.
 
 
Agradecemos a todas as persoas que participastes, pola vosa enerxía e o bo ambiente creado, agardamos vervos nas seguintes!!