
Dende Sustinea e o Concello de Pereiro de Aguiar celebramos este sábado 14 de novembro o Obradoiro de Cociña Micolóxica "cogomelos de outono", no Albergue de Ordelles.
Reunímonos 10 persoas estupendas, que aportaron moita alegría á cociña de Ordelles. Pasamos unha xornada agradable, con moitas risas, na que aprendimos os pasos para limpar os cogomelos, técnicas de conservación e a elaboración de doadas, nutrintes dos cogomelos, prácticas e riquísimas receitas micolóxicas, coas que poder desfrutar dos marabillosos manxares cos que nos obsequia a nosa terra, e sorprender aos nos@s convidad@s.
Despois de cociñar, chegaba a hora de degustar o elaborado. Dende patés de agaricus campestris, sopa orinetal con siitake, lentellas cremosas con boletus edulis, hamburguesas de boletus erythropus, entre outras, todas elas deliciosas.
Agradecemos a vosa compañía e o bo ambiente do grupo. Podedes ver na galería fotográfica un pequeno resumo da xornada.
Agardamos voltar a vernos pronto!
Engadir un novo comentario