Obradoiro dECOración de Nadal no Curros Enriquez.

O domingo 18 de decembro, Sustinea realizou o Obradoiro de dECOración de Nadal no CEIP Curros Enriquez de Ourense, dentro das actividades previstas no Centro para o Mercadillo de Nadal. O Obradoiro foi introducido por dúas fadas, a Fada do Espirito do Nadal, recén chegada dunha devesa do Courel para axudar aos nenos e nenas  facer a súa propia decoración de Nadal con materias de refugallo e a Fada do Consumismo, que pretendía ir mercar toda a decoración a unha tenda e privarnos dos bos momentos xuntos creando e rindo en familia.
Foi unha experiencia fantástica onde todos e todas deixamos voar a imaxinación e démoslle o verdadeiro sentido a estas festas, pasar TEMPO xuntos!
Para ver a galería de fotos, premer no seguinte enlace: http://sustinea.org/?q=content/obradoiro-decoraci%C3%B3n-de-nadal-no-cur...

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.