Obradoiros de Alimentación Consciente e Saudable especial Doces de Nadal

E continuamos cos nosos Obradoiros de Alimentación Consciente e Saudable especial Doces de Nadal.
 
Esta vez foi con persoas do Concello do Pereiro de Aguiar en colaboración coa Omix O Pereiro, que elaboraron doces boísimos sen glute, azúcre e lácteos provintes da Agricultura Ecolóxica e o Comercio Xusto. Dende turrón de Jijona, turrón de chocolate con froitos secos, polvoróns, trufas, entre outras máis. Podedes ver imaxes da xornada na galería de imaxes
 
Moitas grazas por seguir confiando en nós e xerar coma sempre bo ambiente e moitas risas. Unha xornada de aprendizaxe e diversión, sempre unha marabillosa combinación ;)

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.