Os días 24 e 25 de Novembro celebraremos as II Xornadas Micolóxicas

 
Dende Sustinea convidámosvos a participar nas II Xornadas Micolóxicas de Pena Corneira:
 
Sábado 24 de Novembro
 
Obradorio de fotografía outonal, onde poderas aprender o manexo da túa propia cámara de fotos, calquera que sexa, nun entorno outonal cheo de vida, cores e paisaxes coma é o Monumento Natural de Pena Corneira.
 
Contaremos coa colaboración da Asociación Fotográfica Os Potiños.
 
Domingo 25 de Novembro
 
Saída Micolóxica. Conceptos básicos sobre a micoloxía. Identificación de especies. Consellos e normas de recollida. Setas comestibles e velenosas. Exposición dos fungos recollidos.
 
Contaremos un ano máis coa colaboración do experto en micoloxía, Juan José Martínez Álvarez –da Asociación Micolóxica Os Cogordos.
 
Ademais durante as xornadas, trataremos un tema fundamental: a importancia da conservación dos fungos e os seus hábitats.
 
Convidamos a todas as persoas aficionados/as ou que se queiran iniciar na micoloxía a participar nunha das actividades máis prácticadas nesta época, e a desfrutar duns días outonais polo marabilloso Monumento Natural de Pena Corneira.
 
PRAZAS LIMITADAS!!
 
· Prezo das xornadas: 12 €
· Data límite de inscrición ata o 22 de novembro

Comentarios

Bos días; son Patricia, estiven facendo os Monográficos de Fauna xunto con Ablerto, Estefanía, Ana e David. Estamos interesados en apuntarnos á Xornada Micolóxia. De novo TODOS queremos asistir. Pero teño unha pregunta: son dúas xornadas independientes de 12€ cada unha, ou son 12€ toda a fin de semana? . Saludos.
Ola Patricia!! que ben voltar a vernos pola contorna de Pena Corneira! Si o prezo é en conxunto, co cal os 12 euros son polas dúas xornadas. Se estades interesad@s apurádevos xa que son prazas limitadas. Apertas e vémonos na serra
Bós días! son Inma. Mañá e o domingo vou ir as xornadas micolóxicas. Son solo unha persoa e quería saber se alguén ten un sitiño pra min no coche dende Ourense (pagándolle o que correspondese de gasolina); se non, tamén ofrezo coche para catro persoas. Un saúdo !