Os días 8 e 9 de setembro celebramos 1º Monográfico de Mostreo de Fauna Salvaxe

Durante esta fin de semana celebramos no Monumento Natural de Pena Corneira, o 1º Monográfico de Mostreo de Fauna Salvaxe: Detección e Identificación de Morcegos mediante sondeos acústicos e estacións de captura, onde contamos coa colaboración e a profesionalidade de Sorex Ecoloxía e Medioambiente.
 
Esta actividade, incluída dentro do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, contou coa participación de 30 participantes provintes de toda Galicia e da presencia do delegado territorial de Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas e o alcalde de Leiro,  Francisco Fernández.
 
Nesta 1ª fin de semana, puidemos coñecer o apaixonante mundo dos morcegos, así coma a importancia da súa conservación e os métodos de estudo dos mesmos, coma sondeos acústicos e a instalación de redes de captura inofensivas, onde puidemos capturar e identificar a un exemplar da especie Plecotus auritus. Ademais, realizamos un obradoiro de construción e posterior colocación de caixas morcegueiras polo Monumento Natural, contribuíndo así, na conservación e o estudo deste grupo animal tan importante para os nosos ecosistemas.