
Dende Sustinea propoñémoste que te poñas “mans na terra” e participes no Campo de Traballo Socio-Ambiental "Un rural para tod@s" que levamos a cabo este verán en colaboración co Concello de Ourense e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.
O programa deste Campo de Traballo está composto por actividades lúdico-educativas que seguro che gustarán: traballaremos no deseño e preparación dunha horta social, crearemos semilleiros e composteiros con materiais de refugallo, analizaremos a calidade do solo, bioconstruiremos casetas de almacenamento de materiais e un invernadoiro, e faremos o peche da finca. Tamén, visitaremos a cidade de Ourense e aproveitaremos as súas augas termais e o río Miño para bañarmos nas termas mineromediciñais da cidade, en resumo pasarémolo xenial e aprenderemos moitas cousas para a creación das nosas propias hortas ecolóxicas.
Os nosos campos de traballo están pensados para que teñan unha continuidade no futuro, e este non é unha excepción! O traballo que imos desenvolver nestes días de Campo de Traballo, forma parte do proxecto “Un rural para todos” no que colaboran con nós entidades coma Cruz Vermella, APES, TRAMA, ASALA, Cáritas e Fundación Juan Soñador, no cal os usuarios/as destas entidades colaboradoras, participaran na nosa ESCOLA DO RURAL, na que serán formados en Agricultura Ecolóxica e na que estableceremos con eles un itenerario de inserción sociolaboral a través da comercialización dos productos da horta.
Botádelle un vistazo á información que achegamos aquí!
Se tedes calquera dúbida, podedes consultarnos en:
info@sustinea.org ou no telf. 988 782 964
Engadir un novo comentario